O Esmorga Fest aterra en Sarria o 24 de xullo

SarriaXa
O festival de música Esmorga Fest volta a Sarria cun formato diferente o vindeiro sábado 24 de xullo na praza da vila.
esmorga fest sarria
18 Jun 2021

O festival Esmorga Fest volta a Sarria cun formato diferente o vindeiro sábado 24 de xullo na praza da vila. Despois de que o ano pasado se cancelara a VI edición, este verán volta cunha xornada cargada de bo ambiente e música arreo.

O cartel está protagonizado polo grupo vasco Niña Coyote eta Chico Tornado, os lucenses Holywater, Depresión Sonora e Monteperdido, catro grupos que aportarán o seu estilo e que buscarán transmitir emocións e sentimento aos espectadores.

Así mesmo, o festival será gratuíto pero con aforo limitado debido á actual situación sanitaria. As entradas están dispoñibles dende o día de hoxe e para conseguilas hai que entrar na páxina web da Esmorga fest, introducir os datos e descargar a entrada. Dende a organización do evento recordan que os pases son nominativos e intransferibles, polo que haberá que presentar o DNI no momento de acceder ao recinto.

 

esmorga fest
0.20647692680359