O Esmorga Fest organiza unha nova xornada musical en Sarria o 12 de setembro

Os organizadores do Esmorga Fest continúan coa programación de actividades e preparan unha nova xornada arredor da música para o 12 de setembro en Sarria.
A cita celebrarase na terraza O Meigallo e contará con diferentes propostas musicais, entre elas as actuacións de Grande Amore, Eladio y los Seres Queridos, Apolo 18, Tristón DJ e Meigas e Trasgos xunto a JLG Music.
A actividade terá lugar o 12 de setembro e a entrada será de balde. Trátase dunha nova proposta do Esmorga Fest, despois da primeira xornada celebrada na Ermida.