O Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria continúa este venres con máis dunha ducia de actividades

SarriaXa
Espectáculos familiares, maxia de preto, actuacións en centros asistenciais e unha gala para adultos protagonizan a segunda xornada do certame
sarria-festival-maxia-2026
21 Aug 2026

O XXI Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria continuará este venres, 21 de agosto, cunha intensa programación que levará a maxia a distintos espazos da vila ao longo de toda a xornada. Tras o éxito da inauguración, o certame seguirá ofrecendo actividades para públicos de todas as idades coa participación de recoñecidos artistas do mundo do ilusionismo.

A programación arrancará ás 11.00 horas cos almorzos de maxia de preto na Cafetería Central, onde actuarán Borjini e Samuel Moreno. Unha hora máis tarde, ás 12.00 horas, Bruxo Cabacín ofrecerá un espectáculo para os usuarios da residencia de maiores, mentres que Sara Rodríguez levará a maxia ao CAPD de Sarria.

Ás 12.30 horas, o centro Creados acollerá unha sesión especial de maxia infantil coa participación da pallasa Lilina e Magic Almendros. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, o Camping Vila de Sarria será escenario dun espectáculo familiar protagonizado por Bruxo Cabacín, Samuel Moreno e o Profesor MacFer.

A partir das 18.00 horas, Sara Rodríguez e Joaquín Matas realizarán unha sesión de maxia de preto entre as mesas do establecemento Guayoyo. Posteriormente, ás 19.00 horas, a pallasa Lilina protagonizará unha actividade especial para a infancia Kekos no Paseo do Malecón.

A programación continuará ás 20.00 horas cun espectáculo máxico familiar en Montecarlo, onde actuarán Lara Doiro, Marina e Magic Almendros. Ás 21.30 horas, Borjini, Samuel Moreno e Lara Doiro achegarán a maxia de preto ao Café Bar Cubano.

Un dos momentos máis destacados da xornada chegará ás 22.30 horas coa gran gala #AMaxiaViveEnSarria, que se celebrará en Meigallo e contará coa participación de Bruxo Cabacín, Román García, Roberto Lolo, Shiro Mentalista e Joaquín Matas.

A segunda xornada do festival rematará á 1.00 da madrugada en Don Pepe coa gala especial para adultos Tupper Sex Magic, un espectáculo non recomendado para menores de 18 anos.

0.11698198318481