O Festival Matías López acollerá diferentes actividades relacionadas co chocolate desde mañá ata o domingo

SarriaXa
O Festival Matías López acollerá diferentes actividades relacionadas co chocolate desde mañá ata o domingo
A Cultura do Chocolate
A Cultura do Chocolate
11 may 2023

Mañá comeza o Festival Matías López, que terá lugar no Parque do Chanto de Sarria durante a fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14 de maio, e que baseará a súa actividade no chocolate.

Durante o evento, que lembra a figura do ilustre sarriao que revolucionou a industria chocolateira no século XIX en España, Sarria converterase nun lugar de referencia dentro da cultura do chocolate con actividades para descubrir novos produtos, impulsar a produción artesanal, o comercio xusto e o consumo responsable.

Así, haberá obradoiros, cholaterapia, degustación e venda de productos marcas galegas de chocolates; así como showcooking con chocolate, espectáculos de entretemento, concursos populares de sobremesas, actividades infantís, exposicións divulgativas e actividades para os estudantes e profesionais do sector.

Programa

O venres haberá dúas actividades, unha ás 09.30 horas, que será unha master class: a Maridaxe do chocolate e o cacao; e otra ás 20.00 horas, que será unha xornada de cinema coa película ‘Cinema’.

Xa o sábado, ás 11.00 horas celebrarase unha conversa de gastroinfluencers ata ás 12.00 horas, cando haberá unha cata que se comentará entre os participantes. Xa ás 17.00 horas, será a quenda dos contacontos, baixo o nome de ‘Un saco de contos… de chocolate’.

Os nenos tamén poderán desfrutar de actividades, cun showcooking infantil de decoración con chocolate ás 18.00 horas, momento no que, á mesma vez, terá lugar a obra de teatro de intervención ‘Historias de doce creación’.

Xa ás 19.00 horas as persoas que participen, poderán elaborar cócteles con chocolate e cacao e, para finalizar a xornada, ás 21.00 horas haberá un concertos de Dous bos.

O último día, o domingo, comezará ás 09.00 horas cun almorzó-chocolatada popular, que dará lugar ás 11.30 horas a un obradoiro infantil de chupa-chups de chocolate.

Ao mediodía, a sesión vermú estará amenizada pola banda Louband e media hora máis tarde, ás 12.30 horas, terá lugar o Master Choc Concurso Popular.

Pola tarde presentarase o libro Matías López, ás 17.00 horas, e terá lugar o coloquio ‘Consumo Responsable: Aquí e acolá, o xusto’. Clarisaxos pechará o día e o Festival Matías López.

Cartel Festival Matías López