O Festival Terra Brava xa ten o cartel de actuacións musicais e actividades completo

SarriaXa
O evento terá lugar o vindeiro sábado 24 de agosto no Incio
Cartel-Terra-Brava-definitivo
Cartel-Terra-Brava-definitivo
3 Xul 2024

Os organizadores do Festival Terra Brava do Incio que terá lugar o sábado 24 de agosto veñen de presentar o cartel definitivo do evento.

Desta maneira, pódense ver nel os seis artistas que participarán no festival e que son O Val das Mouras, Guezos, Peter Sélek Sin Control, O Sonoro Maxín e Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

Por outra banda, durante o desenvolvemento da iniciativa non só haberá música, tamén terá lugar unha sesión vermú e xantar popular, haberá actividades para nenos e nenas, unha zona habilitada de caravanas e as persoas interesadas poderán quedar a acampar.

0.16986799240112