'O Glamour é do máis rural que hai', o evento do Muvicla que se celebra o vindeiro 24 de xuño

SarriaXa
'O Glamour é do máis rural que hai', o evento do Muvicla que se celebra o vindeiro 24 de xuño e no que participarán moitas persoas
Exposición Muvicla
13 Jun 2023

O Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción agraria (Muvicla) de Láncara organiza un evento o vindeiro 24 de xuño, de 18.00 a 20.00 horas baixo o título de 'O Glamour é do máis rural que hai'.

Durante a xornada, a presidenta da Asociación de Amigos do Muvicla, María J. Bande, dará a benvida aos asistentes e Ismael Moeda Doval, profesor de mantemento de vehículos no IES Daviña Rei de Monforte, inagurará o evento; mentres que Brais Vázquez, director junior do Muvicla, será o encargado de presentar a iniciativa.

Ás 18.40 horas terá lugar a interpretación musical, que dará pé á conferencia 'Orixe agrario de Aston Martin', por parte de Rubén Abelaira, da Asociación Lucense de Automóbiles Antigos. Xa ás 19.00 horas será a quenda da mesa redonda, na que participarán diversas persoas do sector agrario e da comunicación.

Despois da mesa redonda, clausurarase a xornada, da man de Rocío Polín, escritor de Castroverde, e da interpretación musical. Por último, ás 20.00 horas haberá unha degustación de produtos galegos.

0.16890001296997