O Goberno local de Láncara acompañou os maiores na súa excursión ás Rías Baixas

SarriaXa

O alcalde de Láncara, Darío Antonio Piñeiro López, e parte da corporación municipal acompañaron aos maiores do municipio na sua excursión ás Rías Baixas.

viaxe Láncara
viaxe Láncara
15 abr 2024

O alcalde de Láncara, Darío Antonio Piñeiro López, e parte da corporación municipal acompañaron aos maiores do municipio na sua excursión ás Rías Baixas.

Durante a visita, as persoas participantes visitaron a Feira de Padrón, o municipio do Grove, onde deron un paseo en barco e visitaron a Illa da Toxa.

Desde o Goberno local, que recuperou así as viaxes sociais, agradeceu a todas as persoas participantes “pola gran acollida e por participar deste fermoso día”.