O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha cea de cocido e festa de Entroido o 10 de febreiro
SarriaXa
O Grupo Xacobeo de Sarria, organizador de diferentes rutas ao longo do ano, organiza un cocido e festa de Entroido.
2 Feb 2024
O Grupo Xacobeo de Sarria, organizador de diferentes rutas ao longo do ano, organiza un cocido e festa de Entroido.
Así, todas as persoas interesadas en participar, sexan socios da asociación ou non, poderán desfrutar dunha cea popular o vindeiro 10 de febreiro ás 21.00 horas.
A iniciativa terá un custo de 30 euros e poderase reservar ata o 7 de febreiro para poder acudir á cita, que terá lugar no Camping vila de Sarria.
Ademais, haberá un autobús habilitado desde Lugo con saída de Garabolos para as 20.00 horas.