O Grupo Xacobeo Sarria organiza unha viaxe ás luces de Nadal de León e Villoria de Órbigo

A Asociación Grupo Xacobeo Sarria prepara para o vindeiro 3 de xaneiro unha saída especial para descubrir a iluminación de Nadal da cidade de León e a singular decoración navideña de Villoria de Órbigo. A actividade inclúe un percorrido por algúns dos lugares máis representativos de León, onde as persoas participantes poderán pasear polas rúas e barrios máis emblemáticos, visitar mercadiños, realizar compras e gozar do ambiente propio destas datas.
Tras a visita á capital leonesa, o grupo desprazarase ata Villoria de Órbigo, unha localidade coñecida pola súa decoración de Nadal elaborada integramente a ganchillo. Alí destacan elementos como o Máxico Árbore e o Belén, así como numerosas figuras e iluminación repartidas polas rúas, configurando un Nadal marcado pola creatividade, o enxeño e o espírito colectivo da veciñanza.
A viaxe completarase cunha cea de grupo na Bañeza. A saída está prevista ás 14.00 horas desde Sarria e ás 14.30 horas desde Lugo. O prezo da excursión é de 52 euros para socios e 55 euros para non socios, unha tarifa que inclúe o transporte, a cea e os seguros. As prazas son limitadas e o prazo para realizar a reserva permanecerá aberto ata o 31 de decembro.