O I Obradoiro de Cana Simple da Banda de Música Comarca de Sarria estivo cheo de "música e emocións"

SarriaXa

O I Obradoiro de Cana Simple organizado pola Banda de Música Comarca de Sarria foi todo un éxito, despois de que decenas de pequenos e maiores afeccionados á música participaran desta iniciativa.

Obradoiro Cana Simple Triacastela Banda de Música Comarca de Sarria
Obradoiro Cana Simple Triacastela Banda de Música Comarca de Sarria
8 abr 2024

O I Obradoiro de Cana Simple organizado pola Banda de Música Comarca de Sarria foi todo un éxito, despois de que decenas de pequenos e maiores afeccionados á música participaran desta iniciativa.

Este curso, que foi acollido polo Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela, desenvolveuse durante tres días, do venres ao domingo, nos que os e as participantes, ademais de aprender sobre as seccións de clarinete e saxofón, conviviron cos seus compañeiros.

Desde a Banda de Música Comarca de Sarria sosteñen que "foron uns días fantásticos con moita música, cargados de emocións, cheos de risas e dos que nos levamos un bonito recordo e moitas amizades". Ademais, din que están desexando que "que chegue o seguinte para volver a xuntar a este pedazo de equipo de compañeiros, de alumnos e, en definitiva, de amigos", concluíron.