O IES Xograr Afonso de Sarria vén de gañar o premio ás Boas Prácticas en Educación Inclusiva

SarriaXa
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria vén de gañar o premio ás Boas Prácticas en Educación Inclusiva, en recoñecemento ao traballo desenvolvido co proxecto "Ollando realidades, medrando en oportunidades".
boas prácticas IES Xograr Afonso Sarria
1 Dec 2023

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria vén de gañar o premio ás Boas Prácticas en Educación Inclusiva, en recoñecemento ao traballo desenvolvido co proxecto "Ollando realidades, medrando en oportunidades".

Así, a comunidade educativa foi recoller o premio a Santiago, no marco dun congreso internacional de inclusión educativa, no que o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que estes recoñecementos son unha "inspiración para continuar avanzando cara a un sistema máis inclusivo”.

Concretamente, os de Sarria gañaron na categoría B, destinada a ESO, Bachillerato, FP e educación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

0.1512188911438