O Incio acollerá un curso formativo sobre mobilizacións e traslados en persoas dependentes

SarriaXa
Será o vindeiro 20 de novembro en horario de 17.00 a 20.00 horas no edificio Multiusos
Concello do Incio
30 Out 2024

O Concello do Incio e Afalu Alzheimer organizan unha actividade formativa para persoas coidadoras sobre mobilizacións e traslados en persoas dependentes.

Será o vindeiro 20 de novembro en horario de 17.00 a 20.00 horas no edificio Multiusos do Concello do Incio.

Durante a sesión, falarase do sostén e movemento do corpo humano, cambios posturais e posición anatómicas, técnicas de movilización, traslado e deambulación e prevención de riscos.

0.1710000038147