O Incio acollerá varias visitas durante o mes de febreiro da Furgoteca

SarriaXa

O servizo da Furgoteca volve ao Concello do Incio o vindeiro 9 de febreiro para percorrer as distintas parroquias do municipio.

2 feb 2024

O servizo da Furgoteca volve ao Concello do Incio o vindeiro 9 de febreiro para percorrer as distintas parroquias do municipio.

Así, comezará o seu percorrido ás 11.00 horas en Eirexalba, onde estará ata as 11.50 horas. Despois, dirixirase ata Laiosa, de 12.00 a 12.30 horas. Despois dunha parada, achegarase ata o centro sociocultural da Cervela, de 14.10 a 14.30 horas e rematará en Santo Eufrasio (Val do Mao) de 15.00 a 15.30 horas.

Pola súa parte, o vindeiro 22 de febreiro estará na capitalidade do municipio, no centro sociocultural de Santa Cruz do Incio, a partir das 12.50 horas e ata as 15.30 horas.