O Incio C.F. chega á final polo ascenso tras vencer ao Quiroga nos penaltis

O Incio C.F. logrou o pase á final da promoción de ascenso a 2ª Futgal tras superar ao Quiroga na quenda de penaltis, nun partido de volta disputado no campo municipal de San Martiño, en Quiroga. O encontro estivo marcado pola intensidade e pola igualdade, resolvéndose finalmente desde os once metros.
A cita contou cunha destacada presenza de afeccionados, que se desprazaron para arroupar ao conxunto do Incio durante os 90 minutos de xogo, respondendo ao chamamento do club para manter vivo o soño do ascenso.
Coa vitoria, o Incio C.F. accede á final, na que se enfrontará ao Piringalla nun duelo decisivo polo ascenso de categoría, nunha eliminatoria que manterá a emoción ata o final.