O Incio mellora a súa rede de estradas e camiños cun orzamento que supera os 140.000 euros

SarriaXa
O concello de O Incio destina máis de 140.000 euros á mellora de camiños municipais en parroquias como Penaxubeira, Noilán ou Vilasouto
caminos municipais
caminos municipais
9 Ago 2022

As obras, que se enmarcan dentro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas deste ano, levaranse a cabo nas parroquias de Penaxubeira, Noilán, Vilasouto e Calvos, así coma no camiño que une Outeiro e Pacios.

O obxectivo principal será o de pavimentar e acondicionar a rede de estradas e camiños, cun financiamento que acada os 141.500 euros.

As obras nas tres primeiras pistas ascenden a 91.200 euros e o prazo de execución será de tres meses. Mentres que na estrada que conecta Outeiro e Pacios, destinaranse arredor de 50.300 euros e o prazo de execución será dun mes (a superficie deste camiño presenta un deterioro significativo polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas que quedará resolto logo das obras).

Os traballos incluirán tanto a mellora do pavimento coma a limpeza de cunetas para facilitar a circulación da auga.

0.049420118331909