O Incio e O Páramo acolleron esta fin de semana sendas Festas dos Avós multitudinarias

SarriaXa
No caso do Incio, reuniu 500 persoas, mentres que no Páramo participaron arredor de 300
Festa-dos-Avós-O-Incio
Festa-dos-Avós-O-Incio
27 Maio 2024

O Concello do Páramo e o Concello do Incio celebraron esta fin de semana sendas Festas dos Avós. No caso do Incio, celebrouse a XXXI Festa dos Avós e da Familia, que acolleu arredor de 500 persoas, e no caso do Páramo celebrouse  XXVII edición da Festa dos Avós, que acolleu sobre 300.

Na do Páramo, as persoas asistentes participaron dunha misa no campo da feira e logo comeron xuntos no pavillón polideportivo municipal, na que participaron o alcalde do Páramo, José Luis López, a alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet e a portavoz do PP de Lugo, entre outras persoas da política provincial. Ademais, no evento, homenaxeouse a Purificación López, de 95 anos, e a Jesús Rodríguez, de 94. E tamén se entregou un chaveiro a todas as persoas asistentes co escudo do Páramo.

Pola súa parte, no Incio tamén comezou a xornada cunha misa e, antes da comida, desfrutouse dunha sesión vermú co músico Paco da Ferrería. No polideportivo do colexio Ricardo Gasset desenvolveuse a comida popular, na que estivo o alcalde, Héctor Corujo, ademais doutras personalidades. Alí, homenaxeouse a Enrique López e a Visitación Rodríguez, de 98 anos, e entregáronse paraugas a todas as persoas asistentes.

0.049988985061646