O Incio rendeu homenaxe a Casto Martínez Parada coa colocación dun stolperstein

SarriaXa
O acto, organizado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, lembrou a un veciño da localidade vítima do campo de Mauthausen
homenaxe-Casto-Martínez-Parada-O-Incio
31 Jan 2026

O Concello do Incio acolleu o acto de colocación do stolperstein dedicado a Casto Martínez Parada, veciño da localidade que foi vítima do campo de concentración nazi de Mauthausen. A homenaxe contou coa presenza institucional do alcalde, Héctor Corujo, en representación do goberno municipal.

A iniciativa estivo organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, que continúa así o seu labor de lembranza e dignificación das persoas represaliadas polo nazismo e polo franquismo, recuperando os seus nomes e historias no espazo público.

Coa instalación desta peza de memoria, o Incio súmase ao proxecto internacional dos stolpersteine, pequenas placas colocadas no chan que lembran ás vítimas do horror nazi nos lugares onde viviron, coa intención de manter viva a súa memoria e de reforzar o compromiso colectivo coa xustiza, a verdade e a reparación histórica.

⚙ Configurar cookies
0.07268500328064