O local do Buril acollerá a IX edición do Katari Fest

SarriaXa
Este festival, organizado por Katari Records en colaboración coa asociación O Buril ACDE, comezará ás 21.00 horas
Katari-Fest-O-Buril
Katari-Fest-O-Buril
28 Xuño 2024

Este sábado, 29 de xuño, celébrase a novena edición do Katari Fest, organizada por Katari Records en colaboración con Buril ACDE de Sarria, xa que terá lugar no local da asociación sarriá a partir das 21.00 horas.

Todas as persoas interesadas en participar deste festival poderán facelo de maneira gratuíta e desfrutar da música de Uguns Project, Baixo Zero e O Sudor do Chimpín, que se dan cita no evento.

0.17285203933716