O Lume Novo de Láncara da Asociación Val de Láncara terá lugar na antiga escola a noite do 23

SarriaXa
O Lume Novo de Láncara da Asociación Val de Láncara terá lugar na antiga escola a noite do 23 de xuño por San Xoán
fogueira san xoan lume novo
fogueira san xoan lume novo
21 jun 2023

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza para a noite do 23 de xuño, venres, e noite de San Xoán a súa iniciativa Lume Novo Láncara.

Así, as persoas interesadas en participar deste evento, que comezará ás 20.30 horas, poderá facelo na antiga escola de Láncara.

No caso de ser socios da asociación, non terán que pagar nada, pero no caso dos non socios, terán que pagar cinco euros por persoa, polo que todas as persoas que queiran acudir a esta cita, poderán facelo.

Ademais de desfrutar da compañía dos veciños e do lume de San Xoán, as persoas que vaian á antiga escola de Láncara poderán desfrutar de sardiñas, liscos e panceta.

Lume novo Láncara