O mago chino Yao Xinge volve ao Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria
SarriaXa
É o vixésimo artista confirmado polo organizador do evento, Roberto Lolo
18 Jul 2024
O vixésimo artista invitado ao Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria xa está confirmado e é Yao Xinge, o mago da China que xa estivo na edición anterior e en 2022.
Así, Roberto Lolo, organizador do evento, explica que o ano pasado "explotounos a cabeza co seu número na Gala Final, onde deixou boquiaberta a toda a praza".
Ademais, defende o seu "carisma incontestable e humor, que o fan un dos mentalistas favoritos da xente e o meu tamén, xa que é un rapaz excelente e un xenio inventando xogos", reafirma Lolo.