O mago Miguel Ángel Gea, confirmado para formar parte do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

O noveno artista convidado ao XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria foi confirmado polo organizador do evento, Roberto Lolo. Así, define a este artista como “un dos máis grandes do universo, un amigo incondicional e un artista inconmensurable”.
Este artista será Miguel Ángel Gea, un dos máis grandes magos de España e especialista en cartas e moedas que levará a Sarria o seu show para impresionar a toda a veciñanza e encher de maxia as rúas.
Roberto Lolo destaca que lle gusta rodearse de xente de confianza porque “é un festival familiar no que a xente que vén axuda e tira para adiante”. Ademais, di que o mago Miguel Ángel Gea “aportará a súa personalidade, tranquilidade, sabiduría e humildade”.