O mago Miguel Ángel Gea, confirmado para formar parte do XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria

SarriaXa
Roberto Lolo defíneo como "un dos máis grandes do universo, un amigo incondicional e un artista inconmensurable”
Miguel-Angel-Gea
Miguel-Angel-Gea
28 Xuño 2024

O noveno artista convidado ao XIX Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria foi  confirmado polo organizador do evento, Roberto Lolo. Así, define a este artista como “un dos máis grandes do universo, un amigo incondicional e un artista inconmensurable”.

Este artista será Miguel Ángel Gea, un dos máis grandes magos de España e especialista en cartas e moedas que levará a Sarria o seu show para impresionar a toda a veciñanza e encher de maxia as rúas.

Roberto Lolo destaca que lle gusta rodearse de xente de confianza porque “é un festival familiar no que a xente que vén axuda e tira para adiante”. Ademais, di que o mago Miguel Ángel Gea “aportará a súa personalidade, tranquilidade, sabiduría e humildade”.

0.13431000709534