O Meigallos FS de Sarria abre o prazo de inscrición para o VIII Campus de Fútbol Sala

SarriaXa
Esta nova edición está dirixida a nenos e nenas que queiran gozar do deporte nun ambiente educativo e divertido durante o verán
Meigallos-FS torneo futbol sala samos
6 May 2025

O Meigallos FS de Sarria abriu o prazo de inscrición para o VIII Campus de Fútbol Sala Os Meigallos FS, que se celebrará do 6 ao 12 de xullo en Sarria.

Esta nova edición está dirixida a nenos e nenas que queiran gozar do deporte nun ambiente educativo e divertido durante o verán.

O campus ofrece diferentes modalidades de aloxamento: pensión completa por 350 euros (325 euros se se accede a través do club), e media pensión por 300 euros (275 euros con acceso desde o club). Ademais, quen se inscriba antes do 10 de xuño poderá beneficiarse de 25 euros de desconto.

As persoas interesadas poden reservar a súa praza contactando a través do correo campusosmeigallos@gmail.com ou chamando aos teléfonos 630 432 756, 628 084 508 ou 636 044 283.

O evento conta co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia, Caixa Rural Galega e o IES Gregorio Fernández, entre outros colaboradores.

⚙ Configurar cookies
0.16700601577759