O Meigallos Fútbol Sala Sarria celebra a convocatoria de doce xogadores nas preseleccións lucenses

O Meigallos Fútbol Sala Sarria recibiu con orgullo a convocatoria de doce dos seus xogadores e xogadoras para participar nas preseleccións lucenses das distintas categorías de formación.
Na categoría benxamín masculina foron chamados Tiago Saa Díaz e Gonzalo López Fernández. Na alevín masculina, os seleccionados son Fernando Viedma González de Aledo, Daniel Barreiro Arias e Joel Losada García, mentres que na feminina foi convocada Agatha Sánchez Castro.
Pola súa banda, na categoría infantil masculina figuran Oliver Marón López, Enzo Marón Corredoira e Jacobo Díaz Arias. Na feminina, as convocadas son Carlota Moreira Iglesia e Malú Llanes Regalado.
Ademais, o club quixo destacar especialmente a convocatoria de Yago Rodríguez coa Selección Galega Sub-16, un recoñecemento que se suma ao dos seus compañeiros e compañeiras.
A entidade felicitou a todos os deportistas e destacou que estas chamadas son unha recompensa ao traballo, ao esforzo e á ilusión que demostran día a día.