O menú do comedor da EEI Xela Arias deberá atender ás necesidades nutricionais dos pequenos

SarriaXa
O Concello de Sarria vén de sacar a licitación o servizo de comedor da Escola de Educación Infantil Xela Arias para este curso e o seguinte por un valor de 94.
5 Mar 2024

O Concello de Sarria vén de sacar a licitación o servizo de comedor da Escola de Educación Infantil Xela Arias para este curso e o seguinte por un valor de 94.000 euros.

Desta maneira, as empresas interesadas en facerse cargo deste servizo poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 14 de marzo, presentando un menú de 4,16 euros sen IVE.

Estes menús deberán enviarse con antelación á dirección da escola para publicar no taboleiro e para comprobar que se axusta ás necesidades nutricionais dos pequenos, garantindo que sexa igual para todos, agás os que teñan algunha particularidade.

Os labores da empresa serán os de producir e elaborar a comida para os menús escolares e o transporte destas comidas ao centro de Educación Infantil, xestionando tamén o servizo coa administración do Concello.

0.066501140594482