O mercado gandeiro de Paradela acollerá a V Festa da Xuventude de Vilaragunte

SarriaXa

A parroquia de Vilaragunte de Paradela celebrará a súa V Festa da Xuventuxe o vindeiro venres, 19 de abril, no polígono industrial de Paradela, no Gandarón.

mercado gandeiro Paradela 1
mercado gandeiro Paradela 1
13 abr 2024

A parroquia de Vilaragunte de Paradela celebrará a súa V Festa da Xuventuxe o vindeiro venres, 19 de abril, no polígono industrial de Paradela, no Gandarón.

Así, a partir das 22.00 horas terá lugar a cea, a base de empanada de bonito, churrasco mixto, chourizo, postre, viño, auga, café e gotas.

A data límite de inscrición para as persoas interesadas será o vindeiro 17 de abril e contará, ademais, coas actuacións musicais da Orquestra Cinema e o Dj Litainer. O campo estará cuberto con carpa.