O monasterio de Loio novo esceario da obra de Alberto Cacharrón
El monasterio de Loyo y los caballeros de la Orden de Santiago é a nova obra do escritor ourensán Alberto Cacharrón que conta coas ilustracións do pontevedrés Sr. Reny.
Teófilo edicións foi o encargado da publicación desta obra que ten coma protagonista os cabaleiros da Orde de Santiago nados no monasterio galaico de Paradela.
O monasterio de Santa María de Loio é un lugar moi relevante na historia do Camiño de Santiago. Este foi o lugar que deu orixe á Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a protección dos pregríns e do sepulcro do Apóstol entre os séculos IX-X.
A orde militar de Santiago ten orixes confusos, tanto na súa faceta castrense coma na santiaguista, o seu primeiro antecedente parece remontarse ao século IX, cando xorde en Santiago a Irmandade dos Cabaleiros Cambeadores que sinalan como orixe dos Cabaleiros de Santiago de Espada.
Este libro pertence a unha colección de relatos históricos ilustrados que supoñen un extenso traballo de documentación e investigación. Outros títulos do autor que pertencen a esta colección son El camino de las Estrellas que pretende trasladar ao lector un coñecemento fidedigno da historia do Camiño de Santiago. Historia de la Abadía de Santa María de Monte del Ramo que provoca no lector unha viaxe ao pasado para vivir de maneira virtual o desenvolvemento e a vida dunha das máis importantes abadías da Península Ibérica.E, nos próximos días publicarase tamén outra sobre o Camiño Portugués.