O obradoiro dual de emprego do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón recibiu unha formación

SarriaXa
Desde a empresa Ferretería Sarria, cuxos propietarios son orixinarios do Incio, impartiuse unha xornada formativa sobre maquinaria de xardinería da marca Stihl
obradoiro-de-emprego-O-Incio
6 Ago 2024

O alumnado do obradoiro dual de emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda recibiu unha xornada formativa sobre maquinaria de xardinería da marca Stihl impartida por Ferretería Sarria, cuxos propietarios son orixinarios do Incio.

Desta maneira, os compoñentes de dito obradoiro dual de emprego puideron coñecer as características de diversas máquinas que poderán utilizar durante o desempeño dos seus traballos.

Esta formación comezou en febreiro, sendo mellorados os espazos verdes dos concellos do Incio e Bóveda, e intervindo en diferentes puntos.

O obradoiro de emprego que este ano dirixe o Concello do Incio conta cunha subvención de 532.546,20 euros da Xunta de Galicia, coa que se leva a cabo esta iniciativa.

0.17071199417114