O Obradoiro Dual de Emprego Os Soutos II acondiciona o miradoiro de Cabodevila en Paradela

SarriaXa
O alumnado realizou labores de limpeza, desbroce e mantemento para mellorar este espazo natural e poñer en valor un dos principais puntos panorámicos do municipio
miradoiro-de-cabovila-Paradela
20 Jul 2026

O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Os Soutos II continúa desenvolvendo actuacións de mellora en diferentes espazos do concello de Paradela. Nesta ocasión, os traballos centráronse no miradoiro de Cabodevila, onde se levou a cabo unha intervención destinada a acondicionar e mellorar o estado deste enclave natural.

As tarefas realizadas consistiron na limpeza da contorna, o desbroce da vexetación e diversos labores de mantemento, co obxectivo de conservar o espazo e facilitar o seu desfrute tanto pola veciñanza como polas persoas visitantes.

Desde o Concello destacan que esta actuación permite combinar a formación práctica do alumnado co traballo en equipo e a recuperación de espazos de interese paisaxístico, contribuíndo á conservación do patrimonio natural do municipio.

Co acondicionamento do miradoiro de Cabodevila, o Obradoiro Dual de Emprego Os Soutos II continúa avanzando nas actuacións previstas, favorecendo a posta en valor dun dos recunchos con mellores vistas de Paradela.

0.11487603187561