O Oural acolle do 16 ao 18 de xullo as festas na honra a San Xosé Obreiro

SarriaXa
O Oural acolle do 16 ao 18 de xullo as festas na honra a San Xosé Obreiro, pertencente ao municipio de Sarria
festas oural sarria portada
festas oural sarria portada
15 jul 2022

Esta fin de semana celébrase a festa relixiosa en conmemoración a San Xosé Obrero no lugar de O Oural que pertence á parroquia de Chorente, no municipio de Sarria. Veciños e visitantes poderán participar nos actos relixiosos na honra ao santo e deleitarse coa celebración de grandes verbenas a cargo de orquestras do momento.

Maña comeza a festa ás 22.00 horas cunha gran verbena a cargo do dúo 'Zafiro'.

O domingo 17, ás 13.30 horas, oficiarase na igrexa de Oural, a misa solemne na honra ao santo, seguida da procesión. E a continuación, dará comezo a sesión vermú amenizada pola orquestra 'La Dimensión'. Ás 23.00 horas terá lugar a verbena amenizada polas orquestas 'La Dimensión' e 'Costa Dorada'.

E para rematar, o luns 18 ás 13.30 horas, celebrarase a misa solemne na igrexa de San Xulián de Chorente ca posterior sesión vermú na que participará un grupo rexional. Ás 23.00 horas dará comezo a noite da verbena coa orquestra 'Tango' e o grupo 'La Banda de Ayer'.