O Páramo acollerá a décima xornada viaxeira 'Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía'

SarriaXa
O evento terá lugar durante a xornada do 6 de xullo
Guido-no-Páramo-turismo
Guido-no-Páramo-turismo
22 Maio 2024

O Páramo acolleu a presentación da décima xornada viaxeira 'Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía', que terá lugar o vindeiro 6 de xullo.

Esta será a última xornada do I ciclo de xornadas viaxeiras do Xeodestino e Guido Guía, que iniciarán o II ciclo este mesmo verán.

Benjamín García, Verónica Arias (concelleiros do Concello de O Páramo), Lucía Sánchez (técnico do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa), e Guido Álvarez (impulsor do proxecto Guido Guía) anunciaron os primeiros detalles dun sábado 6 de xullo no que volverán a reunir historia, cultura, natureza, gastronomía e música.

Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose un II ciclo de xornadas do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.

0.17144918441772