A segunda edición do Torneo da Primavera de baloncesto terá lugar no pavillón do Páramo

O pavillón municipal do Páramo acollerá este sábado, 6 de xuño, a segunda edición do Torneo da Primavera de baloncesto, unha xornada deportiva pensada para fomentar a convivencia entre xogadores e clubs, máis alá da competición.
A iniciativa busca ofrecer un espazo para xogar ao baloncesto, coñecer participantes doutros equipos, compartir experiencias e desfrutar dun ambiente lúdico e participativo ao longo de toda a xornada.
Nesta edición está prevista a participación de ADB Fontiñas, CB Sarria e Franciscanos Baloncesto, que se enfrontarán en distintos encontros adaptados a varias idades.
Ao longo do día celebraranse partidos para todas as categorías, ademais de xogos relacionados co baloncesto e actividades paralelas que encherán o pavillón de ambiente deportivo e festivo, enmarcado dentro das Feiras da Primavera do Páramo.