O Páramo celebra o Entroido 2026 cunha gran festa, baile e concurso de disfraces

SarriaXa
O Pavillón de Deportes acollerá o 16 de febreiro, a partir das 23.00 horas, unha noite de diversión con máis de 600 euros en premios
Entroido-Concello-do-Páramo-2024
7 Feb 2026

O Concello do Páramo celebrará o Entroido 2026 cunha gran festa que terá lugar o domingo 16 de febreiro, a partir das 23.00 horas, no Pavillón de Deportes. A cita promete unha noite chea de ambiente festivo, música e baile, aberta a todos os públicos.

Un dos pratos fortes da celebración será o concurso de disfraces, no que se repartirán máis de 600 euros en premios, animando así á participación e á creatividade dos asistentes. A festa completarase cun baile que converterá o pavillón no epicentro do Entroido no municipio.

Desde o Concello do Páramo animan á veciñanza e ás persoas dos arredores a participar nesta celebración tradicional, que cada ano reúne a un maior número de asistentes e se consolida como unha das citas festivas máis destacadas do calendario local.

⚙ Configurar cookies
0.075455904006958