O Páramo convoca unha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar

SarriaXa
O Concello do Páramo vén de anunciar a convocatoria dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar.
maiores servicio de axuda no fogar1
maiores servicio de axuda no fogar1
15 Nov 2023

O Concello do Páramo vén de anunciar a convocatoria dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar. O prazo permanecerá aberto desde este xoves 16 de novembro ata o vindeiro martes 21.

Trátase dun posto de traballo en réxime de persoal laboral temporal. As funcións que teñen encomendadas son as propias do posto de traballo de auxiliar de axuda no fogar. Os seleccionados pasarán a integrarse na bolsa de traballo cunha vixencia máxima de catro anos dende a súa constitución.

Os requisitos que deben cumprir os interesados son ter nacionalidade española, ter cumpridos so 16 anos, posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas e posuír o permiso de conducir en categoría B e dispoñer de vehículo.

En canto os estudos, admitiranse técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería, técnicos en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, técnicos superiores en Integración Social e os certificados de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais e o de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.

Os que se presenten á bolsa de emprego deberán superar unha fase de oposición cun exercicio de carácter obrigatorio, ademais de que se terán en conta o baremo de méritos en función da experiencia profesional, da formación e do coñecemento da lingua galega.

0.17228102684021