O Páramo despediu ao representante do PSOE local, José Manuel Gayoso

SarriaXa

José Manuel Gayoso, representante do PSOE do Páramo, e candidato nas pasadas eleccións locais de maio de 2023, finou o pasado venres aos 62 anos.

24 mar 2024

José Manuel Gayoso, representante do PSOE do Páramo, e candidato nas pasadas eleccións locais de maio de 2023, finou o pasado venres aos 62 anos.

Gayoso, natural da parroquia de Friolfe, era unha persoa “comprometida co seu pobo”, como destacaba José Tomé, secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo.

Gayoso era un coñecido empresario da localidade que estaba a liderar o proxecto socialista, que “coñecía a realidade do seu concello, as súas necesidades e o seu potencial para impulsar, dende o consenso e con rigor, medidas que reverteran no benestar dos veciños e veciñas e no desenvolvemento económico do Páramo”, explicou Tomé.

O candidato socialista quería facer O Páramo “máis moderno e competitivo” e dotalo de “todos os servizos, como merecemos”, escoitando para elo aos veciños e aos colectivos, tanto veciñais, como de montes, culturais ou deportivos.