O Páramo e Cospeito serán escenario de procesos de reestruturación parcelaria da Xunta

TerraChaXa | SarriaXa

A Consellería do Medio Rural vén de publicar na plataforma de contratación da Xunta de Galicia o anuncio de licitación da contratación de catro lotes de servizos técnicos de procesos de reestruturación parcelaria nos concellos do Páramo e de Cospeito, cun importe global de case 700.

24 dic 2023

A Consellería do Medio Rural vén de publicar na plataforma de contratación da Xunta de Galicia o anuncio de licitación da contratación de catro lotes de servizos técnicos de procesos de reestruturación parcelaria nos concellos do Páramo e de Cospeito, cun importe global de case 700.000 euros. Os contratos permitirán comezar cos traballos nas concentracións parcelarias de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, Lamas e Roás, en Cospeito; e Friolfe, no Páramo.

O proxecto que se licita é a colaboración de servizos técnicos para a realización do levantamento topográfico e a obtención dos planos parcelarios, a preparación das bases e o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria nestas zonas de reestruturación.

Estes catro lotes forman parte dun total de 13 que se veñen de publicar na plataforma de contratación da Xunta cun orzamento global de case 4 millóns de euros, no que se inclúen seis parcelarias da provincia da Coruña, dúas de Pontevedra e unha de Ourense. E dependendo da zona, realizaranse múltiples operacións que forman parte das actuacións previstas para a reestruturación da terra.