O Páramo necesita auxiliares para axuda no fogar
O Concello do Páramo convoca unha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar (SAF) en réxime de persoal laboral temporal mentras dure a situación para a que se creou a bolsa.
Así, as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no propio Concello despois de presentar a documentación requerida na Sede Electrónica do Concello.
Ante a posibilidade da non existencia de persoas coa acreditación requirida ou que aínda existindo non poidan incorporarse ao traballo, poderanse presentar candidatos que non posúan a cualificación esixida, que únicamente serán contratados de non existir candidatos en posesión dos títulos esixidos, e que pasarán a formar parte dunha bolsa complementaria para casos de urxencia e de inexistencia de candidatos cualificados