O pleno de Sarria aproba que a rúa José Antonio pase a ser Xela Arias

SarriaXa
A corporación municipal aprobou tamén que o nome da poetisa sarriana se incorpore á denominación da Escola de Educación Infantil
antigua rúa jose antonio xela arias sarria
26 Feb 2021

A rúa José Antonio de Sarria cambiará finalmente a súa denominación por rúa Xela Arias, despois de que o pleno municipal aprobase este xoves o acordo que fora tomado pola comisión de protocolo. O nome da poeta sarriana, á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, incorpórase así ao rueiro sarriano.

O equipo de goberno defendeu a urxencia de cambiar a denominación da vía por ser unha "débeda co pobo", algo no que coincidiron tamén socialistas e nacionalistas. O Partido Popular votou en contra da proposta ao considerar que antes de realizar o cambio de nomenclatura se debería informar aos veciños, ademais de preguntarse polos gastos que a medida pode conlevar para os negocios da vía.

O pleno deu tamén o visto bo, neste caso por unanimidade, a incorporar o nome de Xela Arias á denominación da Escola de Educación Infantil de Sarria, tal e como propuxera o consello escolar.

Noutra orde de cousas, a corporación municipal aprobou unha moción do PP para aplicar unha exención no Ibi a empresas e autónomos. A moción foi rexeitada polo equipo de goberno alegando que a lei non o permite.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12434387207031