O PP de Láncara refórzase coa constitución da xestora da agrupación

SarriaXa
O Partido Popular do concello de Láncara refórzase coa constitución da xestora da agrupación que preside Olga Capón
Constitución xestora Láncara
Constitución xestora Láncara
30 nov 2022

O Partido Popular do Concello de Láncara vén de constituír a xestora da agrupación presidida por Olga Capón que “traballará en positivo polo concello e os seus veciños”.

Deste xeito, a formación continúa reforzándose neste municipio de cara a ser unha alternativa real nas vindeiras eleccións municipais. O acordo, adoptouse no marco dunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial do PP, como é o caso do coordinador xeral, José Manuel Balseiro e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal.

A xunta directiva dos populares de Láncara está formada por catro concelleiros, Santiago Cubillas Álvarez, Carlos Fernández Díaz, Óscar Martínez Rubio e Arturo Sobrado Castro e 15 vogais. “Todos eles traballarán en positivo polo noso municipio, estando preto dos veciños e sendo coñecedores dos seus problemas”, explica a presidenta da xestora.

Olga trasladou os seus agradecementos á dirección provincial pola confianza e sinalou que “temos traballo por diante para lograr que nas próximas municipais o Partido Popular sexa tamén o máis votado en Láncara, igual que nas últimas autonómicas”. Para iso, “queremos contar con todas as persoas que teñan un sentir por mellorar as cousas no concello. De xeito, a xestora é un equipo aberto á incorporación de tódolos afiliados e veciños que consideran que Láncara merece e necesita un cambio”.

Ilusión e respecto

A presidenta da xestora manifesta tamén que “Temos moita ilusión por ver mellorar o noso pobo e os servizos ós nosos veciños e nesa liña, queremos ilusionar a máis xente. Queremos contar con todos e traballar dende o respecto e a responsabilidade”.