O PP de Sarria denuncia a mala xestión do Concello co servizo eléctrico
Dende o Partido Popular de Sarria denuncian a xestión que está a ter o Concello de Sarria co servizo eléctrico "a empresa valencia á cal Garrido e os Camiña lles privatizaron o servizo público eléctrico de Sarria, ven de facturar o séptimo mes, 52.970,99 euros, ao que hai que sumar o que están a facturar outras empresas eléctricas fora do contrato, polas que se esixirán explicacións inmendiatas. Sumando xa máis de 370.000 euros, que irán subindo cada ano durante dúas décadas".
Así mesmo, os populares sinalan que o contrato privatizador por vinte anos fai que se gasten preto de 20 millóns de euros en electricidade. De feito, comparan o servizo eléctrico de Sarria co de Monforte, que ven de anunciar o seu plan de substitución do alumeado público por led "en Monforte a xestión é pública mentras que en Sarria se privatizou por 20 anos".
Ademais, engaden que "en Monforte custa 3,2 millóns de euros e en Sarria o importe da privatización achégase aos 20 millóns. Por outra banda, a xestión en Monforte atópase nas mans do Concello e de empresas locais, a diferencia de Sarria que está nas mans dunha empresa valenciana. Por tanto, alí apóstase polo emprego público local, a diferenza de Sarria que se aposta polo enriquecemento dunha empresa foránea".