O PP de Sarria pide a implantación dun polo de emprendemento e apoio ao emprego

SarriaXa
A voceira do Grupo Municipal do PP de Sarria, Carmen José López, vén de reunirse coa conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, para abordar a posibilidade de implantar en Sarria un polo de emprendemento e apoio ao emprego.
Carmen Jose Lopez PP Sarria 2023
15 sep 2023

A voceira do Grupo Municipal do PP de Sarria, Carmen José López, vén de reunirse coa conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, para abordar a posibilidade de implantar en Sarria un polo de emprendemento e apoio ao emprego.

A popular dá así cumprimento a un compromiso adquirido cos veciños e veciñas durante a campaña das pasadas eleccións municipais. Carmen José López considera “moi positivo para Sarria e tamén para a nosa comarca” a implantación deste servizo de asesoramento que contribúe a fomentar a iniciativa empresarial, dinamizar o mercado de traballo e fixar poboación, “atendendo ás demandas do cada territorio”.

Convencida do potencial do municipio de Sarria e coñecedora da importancia do desenvolvemento do territorio a través de iniciativas empresariais para asentar poboación, López aposta por “fomentar a implantación de proxectos empresariais en Sarria” para os que os polos de emprendemento e apoio ao emprego impulsados pola Xunta de Galicia ofrecen axuda acompañando aos proxectos en todas as súas fases, de inicio a fin, para sacar adiante aqueles que sexan viables e sacar o máximo partido ao talento dos máis novos.

Estes espazo de dinamización e captación de proxectos ofrecen, entre outros, servizos de información sobre oportunidades de emprendemento, asesoramento personalizado para cada territorio, recursos físicos e espazos de traballo temporal e networking ou captación de inversión e financiamento.

0.077148914337158