O PP de Sarria pídelle ao goberno local transparencia sobre un crédito bancario dun millón de euros

SarriaXa
O Grupo Municipal Popular de Sarria vén de solicitar acceso ao expediente completo en relación á concertación dunha operación de crédito a curto prazo por valor de 1 millón de euros que o goberno local aprobou na xunta de goberno do pasado 11 de outubro.
Carmen Jose Lopez PP Sarria 2023
19 Out 2023

O Grupo Municipal Popular de Sarria vén de solicitar acceso ao expediente completo en relación á concertación dunha operación de crédito a curto prazo por valor de 1 millón de euros que o goberno local aprobou na xunta de goberno do pasado 11 de outubro.

Carmen López, voceira popular, especifica que “só temos coñecemento desta decisión do goberno de Camiña Sarria pola prensa”, polo que “queremos coñecer todos os detalles deste novo crédito bancario en relación á renovación das instalacións de alumeado público de Sarria”.

A popular xa ten advertido sobre o endebedamento do Concello por parte deste goberno presidido por Claudio Garrido e segundo os datos do Ministerio de Hacienda, Sarria é o segundo municipio da provincia que máis aumentou a súa débeda nun ano. De feito, a maior parte da débeda actual do Concello de Sarria débese á operación de crédito no ano 2022 por importe de 991.900 euros.

Os populares sinalan que “esta nova operación chega despois do crédito de medio millón de euros aprobado recentemente en pleno grazas ao apoio necesario do BNG ao grupo de Camiña Sarria, que goberna en minoría”. Dende o Grupo Municipal Popular aseguran que “testaremos moi pendentes da xestión económica do goberno no Concello de Sarria”.

Carmen José López, PP Sarria
0.12130188941956