O PP de Sarria propón que o Concello instale desfibriladores en distintos puntos do municipio

SarriaXa
O Grupo Municipal Popular de Sarria propón que o Concello instale desfibriladores en distintas localizacións, identificadas co debido asesoramento experto, e facilite a formación necesaria para o uso destes equipos de reanimación básica para que “Sarria sexa un Concello cardioprotexido”.
piscina municipal de Sarria PP
23 Apr 2024

O Grupo Municipal Popular de Sarria propón que o Concello instale desfibriladores en distintas localizacións, identificadas co debido asesoramento experto, e facilite a formación necesaria para o uso destes equipos de reanimación básica para que “Sarria sexa un Concello cardioprotexido”.

“Os desfibriladores poden ser esenciais para abordar con éxito as manobras de reanimación en caso de parada cardiorrespiratoria ou morte súbita, situacións de emerxencia nos que a actuación inmediata e con medios idóneos condiciona o prognóstico en cuanto á recuperación da vida e a minimización das secuelas”, explica a voceira, Carmen José López.

Por iso, “os expertos en saúde recomendan instalar estes dispositivos externos nos lugares onde se reúna ou transite un gran número de persoas ou onde se realicen actividades que poidan aumentar o risco de sufrir unha parada cardiorrespiratoria; como no estadio da Ribela ou as instalacións do ximnasio e piscina cuberta municipal, ademais doutros espazos públicos onde habitualmente se realizan actividades cunha importante concorrencia de asistentes".

López engade, ademais, que “a instalación deste tipo de aparellos non só beneficia aos usuarios das instalacións nas que están situados, senón que supón un recurso para toda a poboación próxima”.

0.13891983032227