O programa Coidados Porta a Porta estará en Sarria a finais deste mes

SarriaXa
O programa Coidados Porta a Porta chega ao concello Sarria a finais deste mes, os días 27, 28, 29 e 30 de setembro
coidados portaaporta sarria portada
coidados portaaporta sarria portada
17 sep 2022

Este programa que visitará o concello de Sarria entre os días 27 e 30 de setembro, busca levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Ofrecerá no Parque do Chanto consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a tódalas persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.

Estará dispoñible en horario de 09.00 a 20.00 horas.

Un autobús con profesionais de cada unha das especialidades permanecerá nesta localización durante os días 27, 28, 29 e 30 deste mes para poder atender a tódolos asistentes.

Pódese solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

coidados portaaporta sarria
0.16970014572144