O programa Xacobeando, da Asociación Mundus, achega aos voluntarios ao Camiño de Santiago

SarriaXa
O programa Xacobeando, da Asociación Mundus, achega aos voluntarios ao Camiño de Santiago nesta terceira etapa
xacobeando 2022
xacobeando 2022
1 ago 2022

Un proxecto no que mozos de Estonia, Grecia, Italia, Luxemburgo, Portugal, Eslovaquia, Letonia ou Lituania, poderán compartir vivencias mentres percorren incontables aldeas dos municipios de Triacastela, Sarria ou Paradela.

A Asociación Mundus acolle nesta terceira etapa que da comezo hoxe e durará hasta o 30 de setembro, a dezaseis voluntarios de entre 18 e 30 años con residencia en España para participar no proxecto europeo Xacobeando, organizado por Don Bosco Galicia.

Os seus proxectos son sempre de dous meses xunto a voluntarios de países como Estonia, Grecia, Italia, Luxemburgo, Portugal, Eslovaquia, Letonia e Lituania. Os gastos da viaxe, aloxamento e manutención estárán cubertos polo proxecto gracias aos fondos Corpo Europeo de Solidaridade, un programa financiado pola Comisión Europea.

O PROXECTO

Xacobeando é un proxecto de voluntariado de corta duración (dous meses en equipo no marco do programa do Corpo Europeo de Solidaridade), cuxo obxectivo é dar un valor engadido ao Camiño nun ano Xacobeo.

As actividades levaranse a cabo principalmente nos aloxamentos e polo percorrido do Camiño. A terceira etapa da comezo hoxe e a cuarta, durará dende o un de setembro ata o 31 de outubro. Nelas percorrerán o Camiño Inglés e o Camiño Francés, realizando una viaxe por aldeas e municipios coma Triacastela, Samos ou Sarria.

Para conseguir plaza e participar na derradeira etapa, simplemente hai que rellenar o seguinte formulario de inscripción https://form.jotform.com/202532414086347