O PSOE de Sarria pide implantar un centro de hostalaría no concello ante a falta de persoal

SarriaXa
O Grupo Municipal do PSdG-PSOE de Sarria pide que dende a administración local se tomen as medidas oportunas, en colaboración coa Xunta  de Galicia- Conselleria de Educación, para a implantación no municipio dos ciclos formativos de  Cociña e restauración, Cociña e gastronomía e Dirección de Cociña.
22 Abr 2024

Segundo trasladan, o sector da hostalaría é un dos principais motores económicos do concello, especialmente  vinculado ao Camiño de Santiago, pero existe un problema estrutural ocasionado polo incremento da demanda de persoal cualificado, problema que se agrava en tempada alta. Deste xeito, esta situación  provoca unha diminución da capacidade de prestación de servizo dos diferentes negocios  dedicados á restauración e en consecuencia, diminúe a posible viabilidade dos mesmos.

A falta  de persoal para traballar en tempada alta é motivo de gran preocupación  entre os propietarios de bares, restaurantes e albergues. Ademais perciben que a situación é  cada vez máis grave posto que non existe dispoñible persoal cualificado que poidan contratar. Por iso, sinalan que sería necesario implantar en Sarria un centro de hostalaría e restauración dedicado á formación de persoal capacitado para este sector.

0.063066959381104