O PSOE denuncia actos vandálicos contra a súa cartelería electoral en varios puntos de Sarria

A agrupación socialista de Sarria denunciou os actos vandálicos sufridos pola súa cartelería electoral, instalada en varios puntos do municipio. A formación condenou estes feitos e advertiu de que "este tipo de actos atentan contra a convivencia e o normal desenvolvemento da campaña electoral".
Desde o PSOE fixeron un chamamento á responsabilidade, ao civismo e ao respecto mutuo entre todas as forzas políticas e a veciñanza, co obxectivo de garantir que a campaña transcorra con absoluta normalidade e limpeza democrática.
A agrupación anunciou que procederá a repoñer o material danado nos próximos días e que, se procede, poñerá os feitos en coñecemento das autoridades correspondentes.
Os socialistas tamén defenderon a necesidade de reforzar a súa presenza na rúa tras estes incidentes. "Por estes actos vandálicos debemos estar máis presentes na rúa. Non se pode tolerar esta dereita fascista", sinalaron.