O restaurante A Veiga de Samos acolleu a tradicional comida anual dos ex alumnos da escola unitaria

SarriaXa
O restaurante A Veiga de Samos acolleu a tradicional comida anual dos ex alumnos da escola unitaria de Samos
Xuntanza Escola Unitaria Samos
Xuntanza Escola Unitaria Samos
16 Maio 2023

Os antigos alumnos da escola unitaria de Samos recuperaron a súa tradicional comida anual despois de ter que suspendela en 2020 por mor da pandemia.

Así, arredor de 25 persoas xuntáronse no gran comedor do restaurante A Veiga de Samos para pasar o mediodía e a tarde compartindo lembranzas, segredos e moitas risas, despois de non verse en moito tempo.

Xosé Real, candidato á Alcaldía de Samos polo Partido Galego, tamén participou neste evento e argumentou que o pasaron "moi ben, xa que viñeron compañeiros que viven en Valladolid, Asturias e outras partes de España".

Argumenta, ademais, que están "contentos por recuperar a tradición e volver xuntarnos todos nunha xornada na que poñerse ao día de como lle vai a cada un dos compañeiros que compartimos aula de pequenos".

0.17117404937744