O rock regresa a BURIL de Sarria cunha noite dedicada a Héroes del Silencio

O escenario de BURIL, en Sarria, volverá vibrar este sábado, 31 de xaneiro, cunha noite de rock que promete intensidade e lembranzas para varias xeracións. O local acollerá o regreso de La Chispa del Silencio Tributo, banda homenaxe a Héroes del Silencio, acompañada por Montaraz, que presentará un novo espectáculo en directo.
O concerto preséntase como unha viaxe sonora polos grandes clásicos que marcaron unha época, cun repertorio cargado de forza, emoción e guitarras, pensado tanto para os seguidores históricos da banda zaragozana como para o público amante do rock en directo.
A apertura de portas está prevista para as 21:30 horas, dando paso a unha noite que se anuncia como unha das citas musicais destacadas do inicio de ano en Sarria. Un espectáculo que promete facer rugir de novo o silencio nun ambiente próximo e cheo de enerxía.