O SD O Páramo enfrontarase contra o Chantada Atlético B no campo municipal do Sangoñedo

SarriaXa | RibeiraSacraXa

Esta tarde, o campo municipal do Sangoñedo de Chantada acolle o enfrontamento entre o Chantada Atlético B contra o SD O Páramo na terceira xornada de fútbol da categoría Terceira Galicia e no grupo 2.

O paramo contra o Chantada
O paramo contra o Chantada
7 oct 2023

Esta tarde, o campo municipal do Sangoñedo de Chantada acolle o enfrontamento entre o Chantada Atlético B contra o SD O Páramo na terceira xornada de fútbol da categoría Terceira Galicia e no grupo 2.

Así, o partido de fútbol campo comezará ás 17.15 horas da tarde, momento nos que os do Páramo intentarán sumar outros tres puntos que lles axuden "a estar na cabeza da táboa", explican, xa que están motivados despois da vitoria obtida na fin de semana pasada fronte ao Taboada CF B.

Pola súa parte, o Chantada Atlético B tamén deberá enfrontarse tamén o domingo ás 17.30 horas ao SD Pol no mesmo campo, o Sangoñedo de Chantada.